O colectivo HUME das Pontes convoca unha nova edición do concurso
A Asociación de Estudios Históricos e Sociais volveu convocar unha nova edición do premio Hume de investigación, a IX.
Como en anos anteriores, os temas da investigación versarán sobre aspectos históricos, artísticos, arquitectónicos, etnográficos e do patrimonio cultural do Concello das Pontes de García Rodríguez ou concellos próximos.
O prazo de presentación de traballos xa está aberto e rematará o 1 de decembro e a decisión do xurado saberase a primeiros do ano 2025.
Concederase un primeiro premio de 2.000 euros, un segundo premio de 1.000 euros e un accesit de 200 euros. Os traballos presentados, sexan premiados ou non, poderán ser publicados na revista Hume e pasarán a formar parte do fondo documental da asociación.
Os traballos deberán ser entregados nun sobre pechado baixo pseudónimo ao seguinte enderezo: Secretaria da Asociación Hume, Apdo. Postal 106, 15320, As Pontes de García Rodríguez.