O colectivo Lembranza da Vila volve organizar unha comida de Entroido

TerraChaXa
A celebración está aberta para anotarse os días 3 e 5 de febreiro en horario de 17.00 a 19.00 horas
cocido xenérica
2 Feb 2026

A asociación pontesa Lembranza da Vila organiza para o día 7 de febreiro un xantar de Antroido, que se desenvolverá no local social do colectivo a partir das 14.30 horas.

O menú contará con sopa de cocido, lacón, costela, morros, orella, chourizos e grelos. De sobremesa haberá freixós e orellas, ademais de viños, augas, refrescos, cafés e licores.

A celebración está aberta para anotarse os días 3 e 5 de febreiro en horario de 17.00 a 19.00 horas no propio local do colectivo.

⚙ Configurar cookies
0.090906858444214