O colectivo Os Meiregos busca voluntarios para organizar este ano a Baixada de Carrilanas Vila de Meira

TerraChaXa
O evento está previsto para os días 14 e 15 de xuño e será a quinta edición do mesmo
Carrilanas-Os-Meiregos-(Meira
30 Jan 2025

O emocionante evento da 5ª Baixada de Carrilanas Vila de Meira está en marcha e precisa da colaboración da veciñanza para converter esta edición na máis espectacular ata o momento. A organización, Os Meiregos, fai un chamamento a todas aquelas persoas interesadas en formar parte desta aventura única, prevista para os días 14 e 15 de xuño.

Os voluntarios terán a oportunidade de vivir a baixada desde dentro, colaborando en diferentes tarefas como o control de tramos, asistencia, apoio loxístico ou outras funcións necesarias para o bo desenvolvemento do evento.

Buscan persoas con ganas de colaborar, pasalo ben e desfrutar dunha fin de semana chea de velocidade, emoción e compañeirismo. A organización destaca que será "unha experiencia inesquecible para todas e todos os participantes".

Para inscribirse ou solicitar máis información, só é preciso contactar con algún membro da directiva ou enviar unha mensaxe á organización a través das súas redes sociais.

0.19134092330933