O colectivo pontés Lembranza da Vila fará unha cea de San Xoán este sábado
TerraChaXa
Para apuntarse haberá que facelo antes de martes a xoves en horario de 17.00 a 19.00 horas

Cartel
16 Jun 2025
A asociación cultural Lembranza da Vila das Pontes celebrará a cea de San Xoán o próximo sábado, 21 de xuño no local social.
Será a partir das 21.30 horas e para apuntarse haberá que facelo entre os días 17 e 19 de xuño en horario de 17.00 a 19.00 horas.
O menú consistirá en sardiñas, churrasco, patacas, liscos, chourizos e sobremesa.