O colectivo Sete Pontes organiza unha charla informativa sobre o céntimo sanitario

TerraChaXa
Terá lugar este sábado na sede da asociación ás 12.00 horas e, ao rematar, haberá uns petiscos
charla-centimo-sanitario-vilalba
25 Oct 2024

A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba, en colaboración con Atlántico Avogados, celebrará unha charla informativa sobre a devolución do imposto de hidrocarburos, máis coñecido como céntimo sanitario este sábado 26 de outubro de 2024, ás 12:00 horas. O evento terá lugar na sede da asociación, situada na rúa do Castiñeiro E-1, en Vilalba.

A temática da charla xira en torno á recente sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que declarou ilegal o tramo autonómico deste imposto, vixente entre 2013 e 2018. Isto supón que as persoas e empresas que pagaron o céntimo sanitario teñen dereito a reclamar a devolución dos cartos.

Tras a charla, ás 13:00 horas, os asistentes poderán gozar dun aperitivo na Parrillada A Revolta. Para asistir, é necesario confirmar a presenza a través dun formulario en liña ou contactando vía WhatsApp co número 628 947 918.

0.099408149719238