O colexio de Parga cumpriu 50 anos cun emotivo acto
TerraChaXa
Organizouse un acto aberto a toda a comunidade nas instalacións da escola
Celebración do aniversario
28 Jun 2024
Numerosas persoas de todas as idades acudiron este sábado a Parga para celebrar o 50 aniversario do colexio, o CEIP Santo Estevo de Parga, no que se organizou un acto aberto a toda a comunidade nas instalacións da escola.
O concerto do grupo Son de corda abriu unha programación na que destacou a actuación do mago David Méndez e na que tamén participou Bloquinho de Xermolos.
Contra a noite Dj Celso Bayo pechou unha celebración na que tamén se desfrutou dunha exposición de fotos antigas, xogos tradicionais, inchables e outros xogos para os máis pequenos.