O colexio de Rábade cambiará a súa cuberta

TerraChaXa
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de contratar as obras de substitución parcial da cuberta do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Otero Pedrayo de Rábade, unha actuación que da continuidade ás obras que se executaron tamén no tellado hai dous anos.
29 Mar 2018

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que nesta ocasión vaise cambiar a parte máis elevada, situada sobre as aulas, mentres que entón foi substituída a que cubría os espazos da cociña e o comedor. A actuación consiste na retirada do material actual e a instalación de panel tipo sandwich sobre o forxado.

Balseiro sinalou que neste último bienio a consellería leva investidos 77.300 euros nos centros educativos da súa titularidade no municipio de Rábade: o citado colexio e o Instituto de Educación Secundaria Río Miño.

Así, no Otero Pedrayo tamén se realizaron obras nas portas e na chimenea, mentres que no instituto foron substituídos todos os canlóns -que discorren ocultos-, entre outras melloras.

Balseiro subliñou que o Goberno galego “realiza un esforzo constante para manter as instalacións dos centros educativos nas mellores condicións para o axeitado desenvolvemento do labor docente, sempre co obxectivo de ofrecer unha educación pública de calidade”.

0.15116596221924