O colexio Martínez Otero de Foz e Run Foz Run veñen de crear a 'I Carreira Popular pola Lingua'
A “I Carreira Popular pola Lingua” terá lugar o venres 10 de maio e o epicentro da actividade será o patio do Colexio Martínez Otero. As carreiras das categorías inferiores (pícaros, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes) desenvolveranse a partir das 15h30 e non ten custo económico ningún para todos aqueles pícaros e pícaras que desexen participar. A entrega de premios destas categorías realizarase ás 16h45.
Para as categorías adultas establécense dúas modalidades de participación: a ANDAINA de 3K (que dará inicio ás 17h30) e a CARREIRA ABSOLUTA de 5K (que comezará ás 19h). Ambas as dúas probas están abertas a todas as persoas interesadas e terán un custo económico de 3€ (Andaina) e 5€ (Carreira Absoluta). A entrega de premios, para a carreira absoluta, terá lugar ás 19h45.
As inscricións de todas as categorías e probas xa están abertas. As persoas interesadas poderán anotarse, ata o mércores 8 de maio, na seguinte ligazón:https://sportmaniacs.com/es/
Tanto nas categorías inferiores como na absoluta os gañadores recibirán medallas e bolsa deportiva de agasallo. Haberá tamén mesas con bebidas e alimentos para que os corredores repoñan forzas, duchas e servizo de roupeiro.
Deste xeito, desde o Colexio Martínez Otero, animan a todas as persoas interesadas (pícaros, pícaras, adultos etc.) a participar desta iniciativa deportiva e cultural.