O colexio Martínez Otero de Foz participa no Día da Paz
O colexio Martínez Otero de Foz participa con numerosas actividades adaptadas aos diferentes niveis, ao Día da Non Violencia e a Paz.
Nesta data, fán fincapé na necesidade de que a educación sexa un dos mellores mecanismos para a transmisión de valores como a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Nesta xornada, lúdica e festiva, realizarán unha serie de actividades adaptadas a todos os niveis como celebrar unha Eucaristía pola Paz, ler un manifesto elaborado polo propio alumnado de 4º ESO e lanzar ao mundo a nosa mensaxe de paz guiada por un feixe de globos.
Ademais, e como novidade deste ano, farán un xogo colaborativo desde Primaria ata a ESO polas rúas do Concello, no que colaboran moitos establecementos locais.