O Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo organiza un curso sobre ERTES e ERES
O Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo e o Consello Xeral de Graduados Sociais de España organizan unha webinar sobre “ERTES y ERES, ¿Qué hacemos, cómo lo hacemos y cuándo lo hacemos?”. O curso terá lugar o vindeiro mércores, 3 de xuño, ás 17.00 horas a través da aplicación web Zoom. A ponencia principal será impartida por María Angeles García, graduada social, auditora socio-laboral e experta en negociación colectiva.
O curso tamén contará coa presenza de Ricardo Gabaldón, presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais e de Manuel Núñez, presidente do Colexio de Lugo. Unha xornada gratuíta que ten como obxectivo principal resolver moitas das dúbidas que nestes momentos xorden, en especial aos colexiados, ante a intensa actividade que se está desenvolvendo por mor da crise sanitaria que estamos a vivir polo COVID-19.
Para todos aqueles interesados en asistir é obrigatorio e imprescindible inscribirse no seguinte enlace e cubrir o formulario cos seus datos persoais.