Xa están á venda os tickets o aniversario do colexio Ramón Falcón de Castro

TerraChaXa
Un grupo de ex alumnos do colexio Ramón Falcón de Castro de Rei están a organizar unha xuntanza para conmemorar os 45 anos da inauguración deste centro, que coincide co mes de outubro deste ano 2020.
Captura de pantalla 2020 02 12 a las 9.01.33
17 Feb 2020

Un grupo de ex alumnos do colexio Ramón Falcón de Castro de Rei están a organizar unha xuntanza para conmemorar os 45 anos da inauguración deste centro, que coincide co mes de outubro deste ano 2020.

O obxectivo será establecer unha xuntanza para englobar ás cuarenta e cinco xeneracións que estudiaron en dito centro.

Para iso terá lugar o día 21 de marzo un xantar de confraternización no pavillón do colexio público Ramón Falcón de Castro de Rei. Os interesados en participar neste xantar de confraternidade, dirixido a alumnos, ex alumnos e familiares, poden recoller o seu ticket na patelería Amándoa, Desexos Muimenta, La Tienda (Muimenta) e Librearía Madica de Castro de Rei.

A festa contará coa actuación dun dúo e colchonetas con animador para os nenos.

Os interesados en contactar coa organización poden facelo no telefóno 676 005 329.

0.14087009429932