O Combo Dominicano estará nas festas da Graña, en Abadín

TerraChaXa
Será o sábado na verbena e o venres arrancarán con Gran Parada
festas-de-vilalba-concerto-combo-dominicano-verbena-6
3 Out 2024

A localidade de A Graña, en Abadín, celebra as súa festas na honra de Nosa Señora do Rosario, que dará comezo este venres, 4,  cunha verbena a cargo da orquestra Gran Parada.

O sábado continuarán as celebracións ás 13.30 horas cunha misa e unha procesión. Fénix será a encargada da sesión vermú e a verbena, neste caso xunto ao Combo Dominicano.

O domingo será o último día de festa e despois do oficio relixioso a sesión vermú do grupo Alba poñerá punto final ás celebracións.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.19536900520325