Os comerciantes de Vilalba están chamados a unha reunión coa concelleira o martes
TerraChaXa
A concelleira de Comercio de Vilalba, María Xosé Fernández convoca a todos os comerciantes de Vilalba a unha reunión na Casa do Concello.
8 Out 2023
A concelleira de Comercio de Vilalba, María Xosé Fernández convoca a todos os comerciantes de Vilalba a unha reunión na Casa do Concello.
O obxectivo é explicar e contrastar con eles as vindeiras actuacións do Concello e recoller as súas demandas e suxestións.
A esta xuntanza tamén asistirá o tenente de alcalde e responsable de Urbanismo e Mobilidade Modesto Renda.
A cita é este martes 10 ás 20:30 horas no concello.