O comercio de Guitiriz repartiu este Nadal 700 euros en premios
O domingo, 5 de xaneiro, ao finalizar a Cabalgata dos Reis Magos levou a cabo o sorteo da campaña de comercio local de Nadal Dálle vida á túa vila, merca no pequeno comercio, pola que se repartiron 700 euros.
A gañadora do primeiro cheque regalo de 300 euros foi Mª Carmen Blanco cun boleto emitido por Carnicería Vitorio. Os catro cheques regalo de 100 euros foron para María Jesús Tizón Vázquez (emitido por Expendiduría Guitiriz), Pili Cruz Varela (A Bardorna – Parga), Margarita Pérez Aguión (Carnicería Vitorio) e Román González (Café Bar Centro).
O goberno local desenvolveu esta acción, que se realizou desde o 13 de decembro ata o 5 de xaneiro e na que participaron 42 empresas de distintos sectores, co obxectivo de potenciar as compras nos establecementos do municipio.
Por cada compra nun destes establecementos, entregáronse rifas para poder participar no sorteo dun cheque regalo de 300 euros e catro de 100 euros para gastar nos establecementos de Guitiriz.
A alcaldesa, Marisol Morandeira, agradeceu a participación aos establecementos que forman parte da campaña e tamén aos veciños e veciñas do municipio que realizaron as súas compras de Nadal no municipio.