O comercio de Meira celebra o Black Friday cun sorteo

TerraChaXa | LugoXa
O comercio de Meira prepárase para celebrar o Nadal e para incentivar o consumo nos establecementos da vila a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira (Acea de Meira) organizou unha xornada festiva con motivo da celebración do Black Friday.
19264718_1863323767072056_5943520217312613238_o
19 Nov 2020

O comercio de Meira prepárase para celebrar o Nadal e para incentivar o consumo nos establecementos da vila a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira (Acea de Meira) organizou unha xornada festiva con motivo da celebración do Black Friday. Será o póximo 27 de novembro dentro da igrexa parroquial a partir das 19.30 horas.

A celebración dará comezo coa recollida dos tickets para participar nun sorteo que consistirá para dous participantes no reintegro do custe da súa compra realizada nun dos establecementos asociados durante ese mesmo día.

Ás 20.00 horas para amenizar a xornada haberá un concerto de violín e piano e, ás 21.00, terá lugar o sorteo.

Ademais haberá acendido de luces de nadal e escaparates, photocall, proxección de fotos e outras sorpresas.

0.11240482330322