O comercio de Meira sortea un arcón de Entroido

TerraChaXa
A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira vén de convocar unha nova acción para incentivar o comercio local no Entroido.
arcon entroido meira comercio
13 Feb 2021

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira vén de convocar unha nova acción aproveitando o Entroido e para incentivar o consumo no comercio local.

Así, sorterán un arcón cheo de produtos desta época o próximo día 28 de febreiro a través das súas redes sociais. Para conseguir participacións só hai que facer unha compra nos locais asociados.

O arcón cos produtos está exposto no Bar Centro, na praza Maior, onde tamén se expoñerá o número gañador.

0.090312004089355