O comité de empresa de Alcoa e Liberty achegarán mañá posturas en Madrid

TerraChaXa | LugoXa
Mañá terá lugar o encontro entre os representantes do comité de empresa de Alcoa e o grupo Liberty na sé da empresa Ignis Energy, en Madrid ás 16.
8 sep 2020

Mañá terá lugar o encontro entre os representantes do comité de empresa de Alcoa e o grupo Liberty na sé da empresa Ignis Energy, en Madrid ás 16.30 horas.

Así, José Antonio Zan, presidente do comité, espera coñecer mañá un plan que de viabilidade a factoría cervense e poder saber cal será o futuro da empresa cervense.

Aínda que a pasada semana Zan, comunicou que Alcoa e Liberty comezaban a achegar posturas tralas reunións celebradas de momento hai un total descoñecemento.

As boas novas son que o pasado martes, Alcoa comunicou que tras culminar a primeira rolda de negociacións aceptaban o traspaso da factoría por un euro aínda que había discrepancias sobre o diñeiro que Alcoa debería poñer enriba da mesa e tamén sobre o papel da planta de alúmina do complexo, que abastece de materia prima á fábrica de aluminio.

O calendario das negociacións entre Liberty House e Alcoa segue o seu curso e a data límite para acadar un acordo de venda é o 27 de setembro.

De non chegar a un acordo de venda antes de ese día, retomarase o período de consultas do ERE presentado, que suporía o despedimento de máis de 900 empregados entre a factoría de alúminio e os auxiliares.

0.13524389266968