O comité de empresa de Alcoa San Cibrao convoca unha andaina nocturna

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao convoca a toda a comarca este sábado día 20 a unha andaina nocturna.
Para apoiar a loita por un futuro digno para A Mariña, a andaina comezará ás 22.15 horas en Lieiro dirixindose hacia a avenida da Mariña e rematando na praza dos Campos.
Ás 23.00 horas será o encontro cos veciños no parque Reina Sofía.