O comité de empresa pide a Alcoa ampliar o período de consultas

TerraChaXa | LugoXa
O comité de empresa de Alcoa San Cibrao tiña unha reunión de consultas en Lugo coa dirección da multinacional, pero tralo rebrote de coronavirus da Mariña quedou aprazada.
14 Xul 2020

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao tiña unha reunión de consultas en Lugo coa dirección da multinacional, pero tralo rebrote de coronavirus da Mariña quedou aprazada.

Pero os representantes dos traballadores aproveitaron para pedir á dirección da multinacional que prolongue durante un mes, como mínimo, o período de consultas do ERE que podería deixar na rúa a máis de 500 traballadores da planta de aluminio primario.

Ademais, nesta semana queda unha reunión máis coa empresa, a que xa estaba prevista no calendario inicial das negociacións, dentro do cal quedaría unha última o día 23.

A empresa comunicou que ía manter outros dous encontros, para o mércores e 21, que se manterían dentro de período de 30 días da negociación. Pero o comité xa rexeitou a prevista para onte e aínda non desvelou se aceptará as outras dúas datas propostas.

 

0.052074193954468