O Comité de San Cibrao reuniuse cos Grupos Parlamentarios no Congreso dos Deputados

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao reuniuse no día de onte, 18 de decembro, cos distintos Grupos Parlamentarios, PSOE, Unidas Podemos – Galicia en Común, BNG e PP, despois de ser publicadas as nefastas condicións da poxa de interrumpibilidad para o primeiro semestre do 2020.
19 Dec 2019

O Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao reuniuse no día de onte, 18 de decembro, cos distintos Grupos Parlamentarios, PSOE, Unidas Podemos – Galicia en Común, BNG e PP, despois de ser publicadas as nefastas condicións da poxa de interrumpibilidad para o primeiro semestre do 2020.

Despois dunha rolda de prensa ante o Congreso, á primeira hora da mañá, o Comité foi recibido polo PSOE, Deputados galegos Guillermo Meijón, Ana Prieto e Javier Cerqueiro, ademais do Senador César Mogo. O PSOE non respondeu as solicitudes do Comité, ao preguntar cales serían as medidas para rebaixar o prezo da electricidade, que tras a poxa incrementouse en 10 euros sobre o prezo existente actualmente, condenando ás empresas para tomar decisións que en calquera caso non serían favorables para a industria electrointensiva e a Planta de San Cibrao en particular. Segue insistindo en que non se pode aprobar un Estatuto estando en funcións, e no mellor dos casos, non sería antes de finalizar o ano, comprometeuse ao diálogo entre Goberno e sindicatos, reunión para a que temos data do 15 de xaneiro, cando a Ministra de Industria, Reyes Maroto, comprometeuse convocala en outubro, tras a súa visita á Planta, e expuxeron o seu acordo de que é un tema de máxima urxencia, pero non expuxeron ningunha medida alternativa máis que solicitar á Unión Europea o máximo de compensación por CO2, que en calquera caso iría vinculado aos orzamentos do Estado e dos cales a Empresa non cobrou o xa licitado e comprometido para finais de ano, e que transmitirían a urxencia ao Ministerio de Industria.

Unidas Podemos informaron de que seguen en negociacións sobre o pacto programático e que unha das súas reivindicacións é vincular o mantemento da industria electrointensiva e unha transición xusta.

Pola súa banda, o BNG reiterou o seu compromiso firme de non apoiar a investidura do PSOE se non se establecía un marco enerxético que permita a continuidade do sector electrointensivo galego.

A última reunión realizouse na sede do PP da Rúa Xénova, onde o Comité foi recibido por Pablo Casado, quen recoñeceu que non había un escenario peor para a industria electrointensiva e Alcoa en particular. Comprometeuse a chegar a un Pacto de Estado para apoiar calquera medida que deixe o prezo da enerxía ás empresas electrointensivas por baixo dos 40 €/ MW, para poder competir co resto dos países europeos

0.12851905822754