O comité de seguimento das probas de Endesa avala a viabilidade das mesmas

TerraChaXa
O comité de seguimento acordou abrir unha vía de diálogo para analizar, de forma conxunta, a viabilidade económica de combustibles
28 Xan 2021

O comité de seguimento, responsable de supervisar os resultados das probas con biocombustibles levadas a cabo na central térmica das Pontes a finais do ano 2020 e integrado por representantes do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a Xunta de Galicia, o Concello das Pontes e Endesa, acordaron abrir unha vía de diálogo para analizar, de forma conxunta, a viabilidade económica da proposta de hibridación de combustibles plantexada polos técnicos do Ministerio, Xunta de Galicia e o Concello das Pontes.

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, apuntou que “dentro de dúas semanas voltaremos a reunirnos e se os resultados do informe son positivos, Endesa comprométese a estudar a posibilidade de continuar operando en As Pontes ou a buscar un operador que puidera estar interesado na xestión da central térmica con biocombustibles”.

Neste sentido, a Xunta de Galicia tamén entende que a empresa debe avaliar a busca dun futuro industrial que permita que a planta sexa viable desde o punto de vista económico tras confirmar os técnicos das administracións que as probas demostraron que o uso de biocombustibles é viable tanto técnica como medioambientalmente.

0.17638683319092