O comité de traballadores segue pendente de Alcoa
Tralas mobilizacións do domingo en apoio aos traballadores e ao emprego da Mariña, estes seguen en folga indefinida, cumprindo cos servizos mínimos e mantendo os seus campamentos nas portas da fábrica cervense para impedir que saia aluminio.
Desde o comité están pendentes do que pase agora, a impugnación do ERE e a solicitude de medidas cautelares para que o xulgado evite o peche. Aínda que confían que as administracións reaccionen e den solucións para poder seguir producindo aluminio primario.
Tamén informaron que no caso de recibir notificacións de despedimento por parte da empresa, os pasos a seguir son asinar o recibo de no conforme e informar ao comité de empresa para ser asesorados.
Ademais, informaron que seguen permitindo a saída de hidratos da factoría para abastecer a farmacias e a potabilizadoras. "Saiu un barco con destino a varios países europeos como Holanda, Bélxica, Alemaña...", dixeron.
Por outra banda, a portavoz do BNG, Ana Pontón, ten previsto manter esta mañá unha reunión co comité nos locais da factoría de San Cibrao.