O concelleiro non adscrito de Muras denuncia deficiencias na iluminación do barrio da Volta

TerraChaXa
Reclamou unha intervención urxente que permita resolver canto antes esta problemática
barrio-da-volta-muras
10 Sep 2025

O concelleiro non adscrito de Muras, Julio Díaz, puxo o foco nos problemas de iluminación pública que padece a zona de acceso ao núcleo urbano polo barrio da Volta, un treito de máis dun quilómetro que, segundo denuncia, permanece con deficiencias importantes no alumeado, "xa que é practicamente nulo o inexistente".

O edil asegura que a situación obriga a moitos veciños a empregar lanternas para poder camiñar pola beirarrúa, "que ademais presenta lousas soltas ou en mal estado". Esta circunstancia, engade, fai que algunhas persoas opten por desprazarse pola propia estrada, co conseguinte risco para a súa seguridade.

Díaz cualifica de “lamentable” a imaxe que ofrece o municipio e atribúe a situación á falta de atención do actual equipo de goberno. Segundo manifestou, “semella que como o alcalde non reside aquí nada lle importa a situación da veciñanza”, polo que reclamou unha intervención urxente que permita resolver canto antes esta problemática.

⚙ Configurar cookies
0.12331080436707