O Concello de Guitiriz adxudica a renovación dos camiños de acceso a Margá e Cece

TerraChaXa
Guitiriz vén de adxudicar por 82.909,2 euros o proxecto para a renovación dos camiños que dan acceso aos núcleos de Margá e Cece.
aglomerado obras estradas 2
20 Xul 2021

O Concello de Guitiriz ven de adxudicar por 82.909,2 euros o proxecto para a renovación dos camiños que dan acceso aos núcleos de Margá e Cece.

Esta actuación está cofinanciada a través da subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para a renovación de vías que dan acceso a parcelas agrícolas.

Os traballos a levar a cabo implicarán a limpeza de cunetas e a extensión dunha capa de aglomerado asfáltico nun total de 2.570 metros de firme. O prazo de execución dos traballos desde o seu inicio será de dous meses.

accesos marga e cece obras
0.12201809883118