O Concello agasallará aos clubs e deportistas vilalbeses no xantar da II Gala do Deporte Municipal
Co gallo da celebración da II Gala do Deporte Municipal, o Concello de Vilalba fará entrega dun detalle a cada club, entidade ou asociación deportiva do municipio en sinal de recoñecemento pola labor deportiva desempeñada no municipio o vindeiro venres 8 de decembro durante o xantar que se celebrará no restaurante Montero a partir das dúas do mediodía.
O custe do xantar será de 20 euros para os adultos e 10 euros de menú infantil para os rapaces e rapazas de ata 12 anos. Será preciso retirar previamente os tickets correspondentes que se poñen á venda na oficina de deportes do Concello de Vilalba -en horario de nove da mañá a dúas do mediodía- ata o luns 4 de decembro.
Ao xantar de achegamento entre clubs, entidades deportivas e deportistas pode asistir calquera persona que o desexe, aínda que se agradecería como mínimo un representante por cada club ou entidade. No caso de que non poder asistir ningún representante, o departamento de Deportes agradece notificación a través do teléfono 982 510 761 ou do enderezo electrónico deportes@vilalba.es.
II Gala do Deporte Municipal
A II Gala do Deporte Municipal de Vilalba que premiará aos distintos deportistas, clubs e colaboradores celebrarase a partir das doce do mediodía no Auditorio Municipal de Vilalba con entrada de balde.