O Concello begontés licita o SAF para dous anos
O Concello de Begonte licita estes días, mediante procedemento aberto, o Servico de Axuda non Fogar (SAF) na modalidade de dependencia. O importe da licitación ascende a un total de 1.021.363,20 euros, co Ive incluído, por un período de dous anos.
O prego do concurso contempla ademais a posibilidade de prorrogalo dous anos máis, polo que o valor estimado deste incrementaríase ata os 2.042.726,40 euros. Tamén se establecen 16,64 euros como prezo por hora ordinaria de dependencia e a extraordinaria debe abonarse a 17,68 euros.
O Concello de Begonte ten asignadas para este ano 2020 un total de 30.660 horas ordinarias, ás que se suman 480 extraordiarias. Da atención domiciliaria dos usuarios encárganse uns 20 traballadores, entre os que figuran unha persoa encargada da coordinación da asistencia e as auxiliares. Ademais dos gastos derivados dos salarios do persoal, neste tamén se contemplan outros conceptos, como o material necesario, os desprazamentos ou a xestión do propio servizo.
O prazo de presentación de ofertas aínda está aberto e son xa varias as empresas que mostraron o seu interese na prestación do servizo