O Concello burelés destina 20.000 euros ás axudas ás entidades deportivas locais

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Ago 2020

A Concellería de Deportes comunica que o BOP publica hoxe as bases das axudas por concorrencia competitiva que o Concello concederá ás entidades deportivas locais. Os clubs dispoñen de trinta días naturais para solicitalas. A partida total destinada a este fin ascende a 20.000 euros.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, dixo: “desde a Delegación de Deportes do Concello de Burela queremos anunciar que, no día de hoxe, se procedeu á publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases reguladoras do que van ser as axudas para as entidades deportivas locais, neste caso de Burela, para este ano 2020”.

O edil burelés sinalou que “todos os clubs interesados teñen que estar inscritos no Rexistro de Asociacións de Burela. Todos aqueles que cumpran cos requisitos terán dereito a recibir esta axuda”.

Ramiro Fernández lembrou que “é unha axuda por concorrencia competitiva, co cal nas bases xa se marcan os criterios baixo os que se van repartir eses cartos. A contía total das axudas ascende a 20.000 euros. Os interesados teñen trinta días naturais para poder solicitalas”.

O responsable de Deportes no Concello de Burela animou “a todos os clubs, que cumpran cos requisitos que solicitamos, que presenten a solicitude o antes posible”.

0.12300419807434