O Concello coloca unha varanda na rúa do colexio para protexer aos peóns do desnivel
O Concello da Pastoriza vén de rematar a instalación dunha varanda ao longo de toda a estrada na rúa do colexio para seguridade dos peón.
Esta obra foi realizada conxuntamente con outras de contías reducidas como a monitorización dos depósitos de auga, a reparación do depósito de Vián, que aínda está pendente por razóns meteorolóxicas, a colocación de 47 suxeitacontedores do lixo, o pintado e reparación do colexio da Pastoriza e algunha outra no mesmo colexio, ata un total de 18.
O motivo de poñer esta varanda protectora, segundo explica o alcalde, Primitivo Iglesias, "é que a liña de aparcamento había un desnivel da rúa co terreo lateral que xa fixo nalgunha ocasión que caera algunha persoa ou golpeara o cerramento da finca lateral".
"Para evitar isto fixemos esta malla artesanalmete que foi colocada polos operacios municipales", explicou.
Para Primitivo Iglesias esta obra foi unha das primeiras do grupo en realizarse para "poder garantir a seguridade vial dos pequenos que día a día transitan por aí, así como para os seus pais e outros usuarios da vía, non só polo colexio, senón tamén para os usuarios do pavillón".
A varanda prolóngase durante o 75% da vía para salvar as zonas onde máis desnivel había e foi realizada en ferro fundido.
A elaobración tivo un orzamento de 4.396 euros e a colocación foi con cargo aos operarios municipais "para reducir custes, unha medida que procuramos manter sempre que podemos".