O Concello contrata dous traballadores para mantemento

TerraChaXa
O Concello de Friol investirá 33.
22 Dec 2017

O Concello de Friol investirá 33.000 euros para a contratación de dúas persoas durante nove meses para levar a cabo traballos de mantemento do servizo de obras. Como avanzou o seu alcalde José Santos, "trátase dunha nova medida para seguir loitando contra o desemprego".

Para a contratación destes dous traballadores, o Concello conta coa subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que aportará 22.500 euros para a posta en march deste proxecto, que leva o nome de Aprolrural.

Deste xeito, o Concello contratará a xornada completa a dous traballadores para exercer as funcións de mantemento de zonas naturais e espazos públicos durante nove meses, dende o 11 de decembro ata o 10 de setembro do próximo ano.

0.12385320663452