Meira contratará nos próximos días a segunda fase das obras da traída de auga á Corota

TerraChaXa
O Concello de Meira rematou a licitación da segunda fase das obras da traída de auga á Corota con cargo ao Plan Único.
grifo auga
12 Maio 2021

O Concello de Meira rematou a licitación da segunda fase das obras da traída de auga á Corota á que se presentaron cinco empresas e espera poder iniciar as obras como obxectivo de ter rematadas as obras antes de que remate o ano “tal e como nos comprometimos”, explica o alcalde, Antonio de Dios.

Dende o Concello anuncian que a primeira fase das obras está a piques de rematar “con algo de retraso ao previsto debido á pandemia”.

Unha vez contratadas as obras e rematadas darase por finalizado este proceso de dotación de servizos.

As obras teñen un orzamento de 57.676,21 euros e licitáronse por un total de 69.788,21 euros. Os cartos irán con cargo ao Plan Único da Deputación para o ano 2021.

0.12545108795166