O Concello de Rábade convertirá o antigo Cine Man nun local multiusos
O Concello de Rábade vén de mercar o inmoble do Cine Man, un histórico local da vila que foi tamén a sala de festas Agarimo, para convertilo nun local multiusos para os rabadenses.
Dende o Concello están moi contentos por esta adquisición xa que foi un lugar importante na vila e ademais evitase a desaparición de edificios emblemáticos. Con esta premisa pretende darlle unha vida máis útil para calquer tipo de evento.
O edificio ubicado na rúa Ángel Pena, moi preto da Casa Consistorial, abriu as súas portas no ano 1945 e foi unha sala de cine que contaba con 415 prazas e pratea ata os anos 70. Máis tarde pasou a ser a sala de festas Agarimo, que foi un dos mellores negocios de salas de baile que había en Galicia ata os 80, para despois pechar definitivamente tras varios proxectos fallidos ou de curta duración.
Este edificio conserva moitos elementos característicos da construcción orixinal como o esceario ou o lenzo da parte traseira.