O Concello da Pastoriza abre o prazo para solicitar as axudas a asociacións

TerraChaXa
629 02 55 1O Concello da Pastoriza vén de aprobar as bases para unha nova convocatoria de subvencións para asociacións.
paris de noia orquestra
12 Xuño 2022

O Concello da Pastoriza vén de aprobar as bases para unha nova convocatoria de subvencións para a realización de actividades culturais, educativas, deportivas, de comercio e promoción turística e desenvolvemento rural. O prazo de solicitudes de ditas axudas xa está aberto e manterase activo ata o 7 de xullo.

Estas bases tramítanse en réxime de concorrencia competitiva sen prexuízo das subvencións nominativas previstas no presuposto xeral.

Estas axudas económicas van dirixidas a asociacións e persoas xurídicos-privadas debidamente constituídas e a agrupacións de persoas físicas ou xurídicas todas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento da vida cultural no concello nas distintas variables, como teatro, imaxe, danza, artes, plásticas, festas tradicinoais e folclore, formación cultura, etc.

Dentro destas subvencións inclúenese tamén actividades relacionadas co medio ambiente, a xuventude e a terceira idade e o patrimonio en todas as súas variables. Afectan ás actividades desenvolvidas durnate o ano en curso (ata o 30 de novembro).

O concello disporá de 20.800 euros que se distribuirán en 5.000 para actividades culturais, 3.000 para deportivas, 1.800 para educativas, 5.000 para comercio e promoción turística, 3.00o para desenvolvemento rural e do sector agropecuario e outros 3.00o euros que irán dirixidos ao resto de grupos.

Cada asociacion ou entidade só poderá presentar unha solicitude por un proxecto ou actividade e fase un baremo entre elas para recabar a axuda que se estime oportuna en función das peticións.

A contía máxima que conceda o Concello será de 600 euros para todas as asociacións agás as vinculadas a actividades de comercio e promoción turística, que recibirán un máximo de mil euros.

0.041783094406128