O Concello da Pastoriza acomete obras en oito pistas municipais

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza destinará 200.
4 sep 2018

O Concello da Pastoriza destinará 200.000 euros ao acondicionamento de varias vías de titularidade municipal nas parroquias de San Martiño de Corbelle e de Bretoña. O obxectivo é cubrir unha extensión total de máis de oito quilómetros que afectan a oito estradas diferentes.

Así, na parroquia de Corbelle executaranse as melloras nos accesos a Paraxúas, de Pidre a Aldoar, a Ramelle, a Castro dos Freires e na estrada de unión deste último con A Rebolada. En Bretoña repararanse os accesos a O Arandaral e o de Xemil a Cabeira.

A tenente de alcalde da Pastoriza, Elva Carrera, foi a encargada de por en marcha estas obras que tentan solucionar os problemas nas zonas de más uso.

0.18394494056702