O Concello da Pastoriza acomete os traballos de reparación do vestiario local do Acebreiro

O Concello da Pastoriza iniciou os traballos de reparación do vestiario local do campo do Acebreiro, que se realiza sufragado con fondos e traballadores municipais.
Os traballos consisten en azulexar as partes das duchas, cambiar as duchas existentes por unhas novas, azulexar tamén a zona do vestiario con remate en pintura, cambio de fiestras e cristais, ademais de mellorar o alumeado. Todo isto faise no vestiario local.
A seguinte actuación será no almacén da cantina para dotalo de luz, arranxar o chan e colocar estantes, segundo indicaron desde o Concello.
Por outra banda, o Goberno local solicitou á xunta de Galicia unha axuda para a reparación de todo o perímetro de bloque do campo, que si o final é concedida, dará un cambio de imaxe moi significativa a estas instalacións municipais, "o cal indica a implicación que dende o goberno temos, tanto coa UD Pastoricense, a cal lle agradecemos todo o traballo diario que fan porque o noso pobo conte cun equipo en Primeira Rexional, 1 equipo de vetaranos e outro de fútbol sala feminino", afirmou o voceiro, Marcos García Lombardero.