O Concello da Pastoriza continúa coas labores de desbroce nas estradas municipais

O Concello da Pastoriza segue avanzando nos traballos de mantemento e limpeza das vías municipais, centrando os esforzos nas labores de desbroce co obxectivo de mellorar a seguridade e a visibilidade nas estradas.
Estas tarefas comezaron na parroquia de Álvare e están a estenderse progresivamente por diferentes zonas do municipio, como Samartiño, Vián, Fitoiro, Lagoa, Rigueira, Xemil, Úbeda, Gueimonde, Crecente, Aguarda, Reigosa, Saldanxe, Bretoña, Baltar, Fonmiñá, A Pastoriza, Cadavedo, Pousada, San Cosme de Piñeiro e Loboso.
Está previsto que os traballos continúen ao longo das vindeiras semanas, deixando para o mes de outubro a actuación nas pistas de terra, garantindo así unha intervención completa en todo o territorio municipal. O Concello agradece a colaboración veciñal e lembra a importancia destas actuacións para o benestar e seguridade de todos os usuarios das estradas.