O Concello da Pastoriza inicia a construción dun aparcadoiro para caravanas

TerraChaXa
Os traballos contan cun investimento de preto de 69.000 euros
obras-aparcadoiro-autocaravanas-a-pastoriza
12 Aug 2025

O Concello da Pastoriza vén de iniciar as obras para a construción dun aparcadoiro para autocaravanas cun investimento de case 69.000 euros. Os traballos, que comezaron este luns,  teñen un prazo de execución de tres meses.

Ademais, o Concello tamén iniciou recentemente as obras de mantemento no Punto de Atención á Infancia (PAI). Estas actuacións inclúen a substitución dos rodapés en toda a superficie e o pintado interior de diferentes espazos como a entrada principal, a sala de xogos, a habitación de descanso e o comedor.

O PAI é un servizo municipal que ofrece apoio a nenos e nenas de entre cero e tres anos, especialmente en casos onde as familias ou persoas coidadoras teñen dificultades para atenderlles. Con estas melloras, o Concello busca garantir instalacións seguras e adaptadas ás necesidades da infancia.

⚙ Configurar cookies
0.16581106185913