O Concello da Pastoriza inicia a terceira excavación no Castro de Saa
O Concello da Pastoriza iniciou estes días unha terceira excavación no Castro de Saa co obxectivo de sacar á vista máis zonas do castro e continuar coas investigacións no mesmo.
Como explica o arqueólogo encargado, Emilio Ramil, traballarán en tres tres zonas diferentes, no sur, este e oeste do castro.
A zona a tratar serán uns cen metros cadrados e un dos obxectivo dos traballos é descubrir máis espacio da muralla, concretamente traballarán nesta fase en sete metros máis que permitan deixar á vista un total de 12.
Complementariamente a estes traballos o obxectivo é ver a canalización antiga e completar a excavación dunha estrutura circular, a máis antiga do Castro, así como continuar sacando á luz a estrutura por onde pasa a canalización.
Ademais, a intención é continuar obtendo material arqueolóxico que se sume aos máis de 6.000 fragmentos de cerámica atopados nas anteriores fases para seguir poñendo en valor este castro.
Como explicou o alcalde da localidade, Primitivo Iglesias, a intención desta actuación é obter máis información e a continuación empezar a dar a coñecer este lugar ás rutas escolares e que os rapaces podan formarse vendo a constitución dun castro. Non descartan tampouco que durante as excavacións podan acudir os escolares para ver como se fai.
"Estamos tratando de dar a coñecer unha construción antiga, un castro na liña de Viladonga, situado na confluencia con Fontemiñá e co espazo da antiga diócese de Bretoña", explica o alcalde.
Para Primitivo Iglesias esta acción "é unha maneira de optimizar a empezar a poñer en valor os recursos históricos e arqueolóxicos do Concello".
O orzamento desta actuación é de 20.000 euros, que aporta o Concello integramente dos seus recursos aínda que está a solicitar axuda da Adminsitración.
Nesta fase están a traballar nove persoas, catro arqueólogos e catro auxiliares ademais dun topógrafo e piloto de dron para facer a fotometría.