O Concello da Pastoriza inicia as obras de mantemento no Punto de Atención á Infancia

TerraChaXa
Os traballos inclúen o cambio de rodapés e a pintura interior de varias estancias
obras-no-PAI-da-Pastoriza
10 Aug 2025

Xa están en marcha as obras de mantemento no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello da Pastoriza.

As actuacións consisten na substitución dos rodapés en toda a superficie e no pintado interior da entrada principal, a sala de xogos, a habitación de descanso e o comedor.

O PAI é un servizo social municipal que ofrece atención e apoio a nenos e nenas de entre cero e tres anos, especialmente cando as súas familias ou persoas coidadoras atopan dificultades para atenderlles.

Con estas melloras, o Concello busca garantir unhas instalacións seguras, confortables e adaptadas ás necesidades da infancia.

⚙ Configurar cookies
0.56602382659912