O Concello da Pastoriza iniciou os traballos de limpeza da cunetas nas parroquias
TerraChaXa
O Concello da Pastoriza firmou un convenio ca Xunta de Galicia para a execución urxente da limpeza de cunetas en varias parroquias do termo municipal.
27 Nov 2023
O Concello da Pastoriza firmou un convenio ca Xunta de Galicia para a execución urxente da limpeza de cunetas en varias parroquias do termo municipal.
Os traballos teñen un orzamento de case 20.000 euros. Xa están en marcha e as previsións do Goberno municipal é que rematen como moi tarde na primeira semana de decembro.
O obxectivo do Goberno local é facer unha actuación en cada parroquia xa que como explica o tenente de alcalde, Marcos Lomaradero, coas últimas chuvias producíronse bastantes problemas á hora de sacar a auga das estradas.