O Concello da Pastoriza instalará unha estación depuradora de auga en Bretoña

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza instalará con carácter de urxencia unha estación de captura e depuración de auga que dará servizo aos veciños de Bretoña.
14 Nov 2018

O Concello da Pastoriza instalará con carácter de urxencia unha estación de captura e depuración de auga que dará servizo aos veciños de Bretoña.

O concello estuda realizar as obras nun prazo de dos meses debido aos problemas que teñen os residentes en Bretoña aos que lles chega a auga moi turbia.

"Os veciños desta parroquia teñen o dereito de ter auga cos mesmos estándaras de calidade que o resto", indica o alcalde, Primitivo Iglesias.

O concello atópase actualmente no proceso de recabado de información e de orzamentos para poder sacar a licitación esta obra que o alcalde quere que esté rematada nun prazo de dous meses.

Debido á urxencia da obra, esta realizarase con fondos propios.

0.18191981315613