O Concello da Pastoriza inviste 103.000 en dúas obras viarias

TerraChaXa
A Xunta de Goberno da Pastoriza aprobou a posta en marca de dúas obras importantes para o Concello grazas a un convenio firmado coa Deputación Provincial.
2 Feb 2018

A Xunta de Goberno da Pastoriza aprobou a posta en marca de dúas obras importantes para o Concello grazas a un convenio firmado coa Deputación Provincial.

Así, o concello investirá por unha banda 80.000 euros no acondicionamento mediante aglomerado dun tramo da pista que une a localidade de Marco de Álvare coa LU-122, a estrada que vai de Paraxes a Lourenzá. Trátase dunha vía que ten moito tráfico e na que se farán obras en dous quilómetros do percorrido e quedarían para outro investimento catro ou cinco máis.

Ademais, o Concello tamén aprobou a mellora do acceso ao cemiterio da parroquia de Saldanxe, tamén grazas a un convenio coa Deputación de Lugo. O importe destas dúas obras 103.000 euros.

Así, as obras sairán a licitación nos próximos días.

Por outra banda, o Concello tamén iniciará nos próximos meses unha serie de traballos de rehabilitación e mellora en dous pavillóns municipais (o da Pastoriza e o de Bretoña) e na construcción dunha pista de pádel cuberta no colexio O Salvador.

O importe dos traballos é de 90.000 euros e contempla a rehabilitación do interior do de Bretoña, especialmente nos aseos e vestiarios. No da Pastoriza contempla a renovacións dos canalóns.

A pista de pádel ubicarase ao carón do pavillón da Pastoriza e na contorna do colexio

0.17307496070862