O Concello da Pastoriza organiza o día 31 unha viaxe a Ferrol

TerraChaXa
A excursión terá saída desde a praza da Concello ás 9.00 horas
vaixe-a-ferrol
Cartel do evento
27 Maio 2024

O Concello da Pastoriza organiza unha viaxe o próximo 31 de maio para a veciñanza co obxectivo de achegarse á historia de Ferrol.

A excursión terá saída desde a praza da Concello ás 9.00 horas e durante a mañá visitarase o Museo Naval e volverase ás 20.00 horas.

A sesión excursión está dirixida a maiores de 55 anos e acompañantes e para reservar praza hai que chamar ao número 982 332 197. A comida será a cargo dos visitantes.

0.14358305931091