O Concello da Pastoriza organiza un concurso infantil polas Letras Galegas

TerraChaXa
Os traballos deben ser entregados na biblioteca municipal antes do 12 de maio
Biblioteca Taboadela
4 May 2025

A Biblioteca Ángel Basanta, do concello da Pastoriza, convoca un certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas.

Están convidados a participar todos os nenos e nenas que estudan no concello que poden presentar todos os traballos que desexen co tema Ler con coñecemento. As redaccións non excederán dun folio por unha cara e os debuxos serán en papel DIN A4.

Os traballos deben ser entregados na biblioteca municipal antes do 12 de maio. Establécense tres categorías, ata os 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 e de cada unha escolleranse tres premiados.

Os gañadores da fase local poderán participar na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.1615948677063