O Concello da Pastoriza organiza un curso de condución segura para a veciñanza

TerraChaXa
O circuíto da Pastoriza acollerá o 29 de outubro un curso de condución segura para particulares organizado polo concello para a veciñanza.
conducion segura curso pastoriza circuito
22 Out 2022

O circuíto da Pastoriza acollerá o sábado 29 de outubro un curso de condución segura para particulares organizado polo concello da Pastoriza para a veciñanza. O curso terá unha duración dunha mañá e dará comezo ás 9.00 horas ata as 13.30 e estará ao cargo da Escola PTC (Perfeccionamento e Técnicas de Condución).

O participantes recibirán formación sobre posición de condución, manexo do volante en diferentes situacións, trazados e traxectorias, utilización correcta do freo e acelerador, sistema ABS, dinámica de pesos no vehículo e comportamento do vehículo (Sub e sobreviraxes).

Para inscribirse no mesmo haberá que chamar ao teléfono 982 332 197. Para participar é necesario ter cumpridos os 18 anos, ser veciños ou traballar na Pastoriza.

0.10755801200867