O Concello da Pastoriza pon en marcha o servizo de recollida de enseres domésticos
TerraChaXa
Recolleranse utensilios como electrodomésticos, mobles, sofás, portas, cadeiras, caixas e listóns de madeira
17 Ago 2024
O Concello da Pastoriza pon en marcha o servizo de recollida de enseres domésticos do 16 ao 20 de setembro. Recolleranse utensilios como electrodomésticos, mobles, sofás, portas, cadeiras, caixas e listóns de madeira. Non se recollen escombros, sanitarios ou obxectos similares xerados por obras e reformas de vivendas. Os obxectos deberán estar colocados nun lugar axeitado para a súa carga. Os interesados deberán anotarse a este servizo chamando ó teléfono 982 332 197 indicando nome e apelidos, dirección, teléfono e volume dos enseres a recoller.