O Concello da Pastoriza programa 9 actuacións máis en estradas das parroquias

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza continúa co seu proxecto para a mellora da rede viaria no termo municipal que ten un orzamento total de medio millón de euros con actuacións en 14 parroquias.
estradas obras caminos pastoriza
5 Mar 2024

O Concello da Pastoriza continúa co seu proxecto para a mellora da rede viaria no termo municipal que ten un orzamento total de medio millón de euros con actuacións en 14 parroquias.

Así, dentro do Plan Marco da Xunta de Galicia, inclúe 9 novas actuacións que teñen un orzamento total de 74.000 euros e que afectarían ás parroquias de Bretoña, Álvare, Vián, Pousada, Crecente, Baltar e A Rigueira.

As obras consistirían na limpeza e adecuación de cunetas ademais da implantación dunha capa de rego asfáltico.

Neste plan optouse por priorizar as vías que se atopan máis deterioradas ou ten paso o autobús escolar, así como as que prestan servizo ao sector agrogandeiro.

Estas novas actuacións súmanse a outras previstas con cargo ao Plan de Rehabilitación de camiños da zona de concentración parcelaria e ao Plan Deputación anunciadas anteriormente.

https://galiciaxa.com/2024/02/tcxa/zonas-tcxa/pastoriza-tcxa/255184/

https://galiciaxa.com/2024/02/tcxa/zonas-tcxa/pastoriza-tcxa/253971/

0.18420195579529