O Concello da Pastoriza renovará o firme nas vías do polígono industrial

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza renovará o firme dos viais do parque empresarial da Pastoriza, tal e como quedou reflectido en xunta de goberno, cando se aprobou a adxudicación do contrato.
IMG_20190919_114150
20 sep 2019

O Concello da Pastoriza renovará o firme dos viais do parque empresarial da Pastoriza, tal e como quedou reflectido en xunta de goberno, cando se aprobou a adxudicación do contrato.

Esta obra vén a completar outras realizadas nas últimas datas tamén neste centro industrial do concello, como a colocación de luminarias, o longo de varias fases, ou o cambio do saneamento, realizado este último antes do cambio de ano.

A concelleira nacionalista Elva Carrera González asinou o contrato coa empresa Ovisa para a renovación do firme do viario do parque empresarial da Pastoriza.  A obra conta cun orzamento de 84.518,50 euros e ten unha achega da Xunta de Galicia do 80%.

A construcción do parque empresarial data do ano 1995 por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Actualmente xestiónase a través de Xestur. Conta cun total de 39 parcelas, todas elas vendidas, pero a día de hoxe algunha continúan sin edificar.

A actuación que se plantexa é subsanar as deficiencias existentes no firme viario da 1ª fase, provocados en parte polo paso do tempo desde a súa realización e posta en servizo, por outra banda as ocasionadas polas obras de condución do suministro eléctrico, executadas para garantir potencia eléctrica a algunas das empresas alí instaladas, así como á piscina municipal, e as últimas obras realizadas para levar a cabo a rede separativa de augas, as cales se realizaron de forma subterránea mediante zanxas con cortes parciales no pavimento, o que provocou discontinuidades na capa de rodadura.

Para solventar estes problemas prevese levar a cabo unha capa de rodadura mediante aglomerado en quente, en espesores de 5,6 e 7 cm dependendo das zonas, así como a señalización vial horizontal con pintura, delimitando as zonas de aparcamento, e cebreado.

0.19045495986938