O Concello da Pastoriza reparte este mes composteiros de balde aos veciños
TerraChaXa
A organización advertiu que as unidades son limitadas, polo que recomenda solicitar os composteiros canto antes

3 Jan 2026
O Concello de Pastoriza anunciou a dispoñibilidade de novos composteiros domésticos para os veciños interesados.
A solicitude deberá realizarse de forma presencial nas instalacións do Concello. A organización advertiu que as unidades son limitadas, polo que recomenda solicitar os composteiros canto antes. Unha vez pechada a listaxe de solicitudes, informarase das datas de entrega.
Esta iniciativa busca promover a compostaxe doméstica e fomentar prácticas sostibles na comunidade.