O Concello da Pastoriza repartirá de novo composteiros de balde aos veciños

TerraChaXa
A organización advertiu que as unidades son limitadas, polo que recomenda solicitar os composteiros canto antes
composteiro-2
6 Apr 2025

O Concello da Pastoriza anunciou a dispoñibilidade de composteiros domésticos para os veciños interesados.

A solicitude deberá realizarse de forma presencial nas instalacións do Concello. A organización advertiu que as unidades son limitadas, polo que recomenda solicitar os composteiros canto antes. Unha vez pechada a listaxe de solicitudes, informarase das datas de entrega.

Esta iniciativa busca promover a compostaxe doméstica e fomentar prácticas sostibles na comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.1579442024231