O Concello da Pastoriza restrinxe o uso dos seus locais sociais este mes

TerraChaXa | LugoXa
O Concello da Pastoriza vén de tomar novas medidas ante o gromo da covid-19 detectado na residencia de maiores da localidade e que afecta tanto a residentes como a traballadores.
13 Xan 2021

O Concello da Pastoriza vén de tomar novas medidas ante o gromo da covid-19 detectado na residencia de maiores da localidade e que afecta tanto a residentes como a traballadores. Nun bando emitido polo alcalde do municipio, Primitivo Iglesias, recoméndase aos veciños non facer uso dos espazos públicos, tales como centros cívicos ou centros sociais, para levar a cabo calquera actividade de tipo lúdico ou cultural durante todo o mes de xaneiro.

No caso de que sexa imprescindible a celebración dalgunha das actividades previstas para este mes, o aforo total debe limitarse ao 50% e extremaranse as medidas de protección.  Se se trata de actividades grupais de caracter sociocultural poderán participar un máximo de 6 persoas, incluído o monitor ou guía, e os asistentes deberán facer uso en todo momento da máscara e manter a distancia de seguridade.

0.14083385467529